martes, 14 de noviembre de 2017

Un ano máis viaxaremos co IES Nosa Señora dos Ollos Grandes a Francia, concretamentamente a L'isle Jourdain, unha pequena vila cerca de Toulouse.


     Facemos un intercambio linguístico con alumnas e alumnos de 4º ESO que van coñecer, convivir e comunicarse con rapazas e rapaces do Lycée Joseph Saverne.

     Pretendemos viaxar como sempre se a de viaxar: con ollos grandes, porque cando se viaxa temos que abrir a ventá da nosa mente e viaxar vendo, oindo, sentido, vivindo o lugar, as súas xentes, os seus costumes, non limitarnos a mirar a través dos cristais; hai que empaparse desa cultura: adoptando os seus horarios, as súas comidas, intentar vivir o que eles viven como eles o viven. E non hai mellor maneira que facer unha imersión nos seus fogares, que nos ofrecen con gusto e comparten cos nosos rapaces e rapazas.
    Pola nosa parte faremos o esforzo de comunicarnos con eles utilizando a súa lingua pero, como o importante é comunicarse, seguro que tamén botaremos man das outras linguas que usamos e que eles tamén coñecen: o castelán e o inglés, porque o que realmente interesa é entenderse e facerse entender.

    Por suposto tamén faremos visitas a cidades con historia: Carcassonne (cidade medieval), museos: Aéroscopia, Espace EDF Bazacle e outros lugares de interés, que iremos compartindo con vós.

   Invítovos a viaxar con nós e descubrir, a través dunha pantalla, con imaxes e algunhas palabras unha rexión do país veciño.